Pasar al contenido principal

O proxecto www.granxafamiliar.com organiza un curso de Innovación e Mercadotecnia Rural

O proxecto www.granxafamiliar.com organiza ao longo do mes de maio un curso de Innovación e Mercadotecnia Rural dirixido a cualificar recursos humanos en temas de mercadotecnia territorial, emprendemento, xestión de recursos dixitais ou turismo creativo, entre outros asuntos. É unha iniciativa que busca ofrecer aos profesionais do agro e do rural formación e coñecementos axeitados ás necesidades do mundo dixital. O prazo de inscrición finaliza o 25 de abril, cun custe de 50 euros que se deberán aboar antes do 30 de abril Esta acción formativa está organizada por granxafamiliar coa colaboración do grupo Gist-T Idega e ten como obxectivos analizar metodoloxías, aplicacións TIC e experiencias de emprendemento para a innovación e desenvolvemento do medio rural e da agricultura familiar, co obxecto de que o alumnado poida desenvolver os seus propios proxectos aplicados. Así, familiarizaranse co funcionamento e posibilidades dos sistemas en liña de xestión de información a través das plataformas www.granxafamiliar.com e www.galiciaautentica.org. Do 2 ao 30 de maio, o alumnado deberá asistir presencialmente en horario de 16.00 a 21.00 horas a dúas aulas de traballo de dez horas sobre desenvolvemento rural e tecnoloxía e sobre mercadotecnica territorial, nas que se incluirán diferentes estudos de caso. Os restantes cotidos do curso traballaranse en formato dixitalizado e a distancia (40 horas).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.04.2013.