Pasar al contenido principal

O luns comeza o ciclo de documentais cinematográficos que achega ao espectador a realidade do pobo saharauí

O luns comeza o ciclo de documentais cinematográficos que achega ao espectador a realidade do pobo saharauí
O luns comeza o ciclo de documentais cinematográficos que achega ao espectador a realidade do pobo saharauí
‘Espellos dende o Sahara. Un pobo rachando as arañeiras do esquecemento’ proxectarase en Filosofía os luns e mércores do mes

Un pobo rachando as arañeiras do esquecemento. Así se presenta o ciclo de cinema documental que durante o mes de abril mostrará na USC a realidade dos saharauís, cunha historia marcada pola loita de descolonización que iniciou contra España e hoxe a enfronta politicamente a Marrocos. Axudado pola participación de destacados especialistas e coñecedores do conflito, o público que se achegue os luns e mércores entre o 8 e o 24 de abril ás 19.30 horas á Facultade de Filosofía terá a oportunidade de asistir a un mundo máis tráxico que exótico no que se atoparán vidas intensas, delicadas percepcións e un constante canto á coraxe e á vontade de subsistir. Un achegamento ao horizonte cultural do Magreb desértico que busca provocar nos espectadores inquedanzas, interrogantes e curiosidade por unha concepción máis global e diversa do mundo. ‘Espellos dende o Sahara. Un pobo rachando as arañeiras do esquecemento’ comezará o luns 8 coa proxección dos traballos ‘Sáhara. Llamando a las puertas del cielo’, unha cinta de 66 minutos de Pedro Pérez Rosado, e ‘Un grito desde el Sáhara’ (48 minutos), unha produción de Unai Aranzadi coa ONG Mundubat que investiga as dramáticas consecuencias que este conflito ten para os civís saharauís, destacando o papel da muller. Comentarán os documentais o delegado saharauí en Galicia, Habibulah Mohamed Kori, e o escritor Manuel Rivas. Seguintes sesións O 10 de abril será a quenda do filme ‘El rumor de la arena’ (82 minutos), de Jesús Prieto e Daniel Iriarte, que narra o reencontro dunha familia saharauí que leva máis de 30 anos sen verse. No coloquio participarán o profesores da USC de Historia do Cine José María Folgar de la Calle e a profesora de Ciencias Políticas da USC Nieves Lagares. ‘Gdeim Izik. Detonante de la primavera árabe’ (45 minutos) e ‘Tebraa. Retratos de mujeres’ (66 minutos) serán as proxeccións do 15 de abril, con comentarios da catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade Margarita Ledo e da presidenta da Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla Avión. Pedro Pérez-Rosado é o director da cinta de ficción guionizada ‘Wilaya’ (2012, 84 minutos), que presentará o 17 de abril o catedrático Luis Hueso Montón e o escritor e responsable da área de Cultura na Delegación Saharauí en España, Mohamed Ali Ali Salem. O 22 de abril é a quenda do documental ‘Hijos de la nube. La última colonia’ (80 minutos), dirixida por Álvaro Longoria e Javier Bardem en 2012. Será comentada polo profesor Xosé Ramón Pousa, polo presidente da CEAS-Sahara, José Taboada Valdés, e polo delegado saharauí en España. O ciclo remata o 24 de abril coa proxección de ‘El problema. Testimonio del pueblo saharaui’ (80 minutos), coa intervención do codirector da película Pablo Vidal e do profesor Santiago Jiménez Gómez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2013.