Pasar al contenido principal

As xornadas de investigación sobre zonas non saturadas do solo ZNS’ 13 reúnen hoxe na Politécnica máis de 30 investigadores

O vicerreitor Pedro García Herradón abrirá o foro, ás 10.00 horas, na sala de xuntas da EPS, onde W. Dunner ofrecerá logo un relatorio sobre a evaporación dos solos

As xornadas de investigación sobre zonas non saturadas do solo ZNS’13 reúnen desde hoxe na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo máis de 30 investigadores procedentes de distintas universidades españolas, así como doutros científicos europeos e tamén de investigadores españoles que están a traballar en centros de Estados Unidos, Arxentina, Bélxica, Alemaña, Italia..., e que presentarán en Lugo os resultados dos últimos estudos relacionados coas zonas non saturadas do solo, que son aquelas non están permanentemente asolagadas. O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, inaugurará este mércores, a partir das 10.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior, as xornadas ZNS’13, no marco dun acto no que tamén estarán presentes o director da EPS, Javier Bueno Lema; así como o coordinador da organización deste foro de carácter bianual e que por vez primeira atopa a súa sede en Lugo, o profesor do Departamento da Enxeñaría Agroforestal da USC Jorge Dafonte, é un representante do comité científico das xornadas. O investigador alemán e profesor na TU Braunschweig. W. Durner, considerado como un dos grandes estudosos das zonas non saturadas do solo, abrirá a quenda de relatorios destas xornadas cunha exposición sobre os métodos de evaporación do solo. Ao remate da súa intervención comezará a primeira sesión de presentación de comunicacións orais. A presentación de comunicacións, así como a exposición e explicación de carteis centrará a actividade dos congresistas durante a quenda de tarde e terá continuidade na xornada do xoves. A undécima edición das xornadas de investigación sobre zonas non saturadas do solo ZNS’13, chegarán ao seu fin o venres, cunha visita á mina das Pontes. Os participantes nesta expedición poderán coñecer de primeira man a rehabilitación das foxas mineiras de Endesa e a súa conversión no lago artificial do cocello coruñés de As Pontes de García Rodríguez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.11.2013.