Alberto Rojo Alboreca analiza as claves da xestión sostible e rentable do monte nun foro sobre o sector forestal galego
O profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela Alberto Rojo Alboreca analizará este mércores, día 30 de outubro, en Santiago de Compostela, algunhas das claves a ter en conta para a xestión sostible e rentable do monte.
O profesor da Escola Politécnica do campus de Lugo e coordinador do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible da USC, fará as súas achegas para o aproveitamento do potencial do monte galego no marco do foro ‘O sector forestal galego. Xestión e aproveitamento sostible. Desenvolvemento da Lei de Montes de Galicia’.
A conselleira de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Rosa María Quintana, será a encargada de inaugurar esta xornada de análise e debate sobre o futuro do sector forestal de Galicia, un foro no que Rojo Alboreca participará como relator nunha táboa redonda que se desenvolverá baixo o título ‘Xestión sostible e de calidade do monte galego. Itinerarios para a súa rendibilidade’.