Pasar al contenido principal

Elaborar queixo en ecolóxico na USC

Elaborar queixo en ecolóxico na USC
Elaborar queixo en ecolóxico na USC
En Santiago e Lugo os días 12 e 14 de novembro, respectivamente

Dando continuidade ao plan formativo do Proxecto de Hortos Urbanos da USC, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza en novembro dous obradoiros prácticos de elaboración de queixos en ecolóxico nos que ademais se coñecerá a repercusión deste produto sobre a economía e o desenvolvemento de moitas zonas do agro galego. Estes obradoiros levaranse a cabo nas cociñas do Colexio Maior Fonseca, en Santiago, e da Residencia Universitaria Bal e Gay, en Lugo, os días 12 e 14 de novembro ás 17:00 horas. A inscrición será de balde (achega voluntaria de 2€ para material), e para facela efectiva haberá que enviar un correo a entransicion [at] usc.es (entransicion[at]usc[dot]es) indicando nome completo, colectivo ao que se pertence (estudante, PDI ou PAS), centro de estudos ou traballo, enderezo electrónico e teléfono móbil de contacto.

As prazas serán limitadas e cubriranse ata o día anterior do obradoiro por orde de inscrición, dando prioridade aos membros da comunidade universitaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.11.2013.