O reitor da USC ofrece unha recepción á última quenda de escolares participantes no programa Verán Campus 2019

Antonio López e a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, departiron cos nenos e nenas deste programa da Fundación USC Deportiva
Santiago de Compostela
O reitor da USC, Antonio López Díaz, mantivo este luns un encontro cos nenos e nenas que toman parte na última quenda do programa Verán Campus, unha iniciativa promovida pola Fundación USC-Deportiva e no que participaron preto de 500 usuarios/as durante a presente edición, que chega ao seu remate o 13 de setembro.
Antonio López aproveitou este encontro informal cos nenos e nenas de entre 3 e 13 anos que serán protagonistas da última quenda do Verán Campus 2019 para coñecer as súas inquedanzas e afeccións. A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida, tamén participaron nesta xuntanza informal celebrada na Reitoría.