Pasar al contenido principal

A Fundación USC Deportiva busca novos deseñadores de postais de Nadal

A Fundación USC Deportiva convoca por vez primeira un concurso de debuxo para elaborar a súa postal de Nadal que se dirixe a nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2010, ambos incluídos. Cada participante poderá presentar un só traballo no que se deben relacionar Nadal e os deportes, valorándose a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos/as participantes, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática proposta. Nunha cartolina tamaño DIN A4 por unha soa cara, as propostas poderán estar realizadas en calquera técnica de debuxo ou pintura sen que se poidan engadir elementos externos (a modo de collage, por exemplo), enmarcar ou suxeitar con ningún tipo de soporte. Os traballos presentaranse en sobre pechado, indicando como referencia o lema ‘I Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva’. A data límite para a recepción dos orixinais será o 9 de decembro de 2013.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.11.2013.