Preséntase en Tomiño a nova edición dos Xogos Galaico Durienses
A XXVII edición dos Xogos Galaico Durienses, a celebrar en Tomiño e Vila Nova da Cerveira os días 19 e 20 de novembro, preséntase este xoves 14 en Tomiño nunha rolda de prensa ás 11:00 horas na sede do Concello. Neste evento universitario competirán 200 deportistas seleccionados pertencentes ás seis universidades públicas da Eurorrexión –Universidades de Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro, Vigo, Minho, Porto e A Coruña- que achegan cada unha 33 deportistas e técnicos que participarán nas modalidades de baloncesto, fútbol sala e xadrez.
A XXVII edición dos Xogos Galaico-Durienses está organizada pola Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial, ambas entidades dedicadas á cooperación transfronteriza Galicia-Norte de Portugal, xunto coas seis universidades