Pasar al contenido principal

Homenaxe ao profesor Cristian Ionescu con motivo da súa xubilación

A área de Filoloxía Románica do Departamento de Filoloxía Galega organiza un acto de homenaxe a Cristian Ionescu Pérez con motivo da súa xubilación académica como profesor de lingua e de literatura romanesas na Universidade de Santiago dende o curso 1990-91. No acto, que se vai celebrar este xoves 14 ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, o profesor Ionescu impartirá a conferencia ‘Problemas de onomástica románica’. Tamén intervirán o director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escáneo, o catedrático de Filoloxía Románica Francisco Fernández Rei, e a vicedecana da Facultade de Filoloxía Belén López Meirama, que presidirá o acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2013.