Pasar al contenido principal

A área de Filoloxía Románica homenaxeou o profesor Cristian Ionescu con motivo da súa xubilación

Filoloxía Románica homenaxea ao profesor Cristian Ionescu Pérez (segundo pola dereita) con motivo da súa xubilación. Foto: Servimav-USC
Filoloxía Románica homenaxea ao profesor Cristian Ionescu Pérez (segundo pola dereita) con motivo da súa xubilación. Foto: Servimav-USC

A área de Filoloxía Románica do Departamento de Filoloxía Galega organizou un acto homenaxe a Cristian Ionescu Pérez con motivo da súa xubilación académica como profesor de lingua e de literatura romanesas na Universidade de Santiago dende o curso 1990-91. No acto celebrado este xoves 14 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, o profesor Ionescu impartiu a conferencia ‘Problemas de onomástica románica’. Tamén interviñeron o director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escáneo, o catedrático de Filoloxía Románica Francisco Fernández Rei, e a vicedecana da Facultade de Filoloxía Belén López Meirama, que presidiu o acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2013.