Pasar al contenido principal

O grupo Actualiza, do que forma parte a USC, presentou as súas alegacións ao proxecto de Código Mercantil

Actualiza está composto por docentes de Dereito Civil de distintas universidades españolas

O Grupo para a reforma e actualización do Dereito privado en España ‘Actualiza’, do que forman parte investigadores da USC, acaba de presentar unha alegación á proposta de Código Mercantil presentada ao Ministerio de Xustiza e actualmente en fase de información pública. A catedrática de Dereito Civil da USC María Paz García-Rubio é unha das oito asinantes deste documento xunto a investigadores das universidades Pablo Olavide, Girona, Autónoma de Barcelona, Valladolid e Málaga. O documento de alegacións mostra a postura de Actualiza, grupo composto por docentes de Dereito Civil de distintas universidades españolas, fronte a proposta de Código realizada pola Sección do Mercantil da Comisión Xeral de Codificación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2013.