Pasar al contenido principal

Estudantes de Enxeñaría en Xeomática e Topografía participan este martes nunha xornada de emprendemento no CEI-Nodus

Estudantes do grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía matriculados no primeiro curso da materia de Economía e Empresa participarán este martes, día 22 de outubro, a partir das 12.00 horas, nunha xornada de emprendemento e motivación da cultura emprendedora que se desenvolverá nas instalacións do CEI-Nodus do Concello de Lugo

Os obxectivos desta xornada, promovida pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento do campus de Lugo en colaboración co Concello lugués, pasan por difundir e achegar á poboación estudantil a forma de xeración das ideas empresariais. Os relatores que participen nesta sesión tratarán asemade de romper algúns mitos que rodean ás persoas que crean empresas, ben a través de testemuños ou do relato de vivencias persoais, a fin de transmitir que calquera persoa con gañas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial. Os/as estudantes do grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo que participen nesta xornada de promoción e motivación da cultura emprendedora, terán a posibilidade de facer unha visita guiada polas instalacións do CEI-Nodus, ademais de coñecer os recursos aos que poden acceder os emprendedores e visitar tamén algunhas das experiencias empresariais incubadas no CEI-Nodus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2013.