Pasar al contenido principal

O proxecto Vitamína-T preséntase a vindeira semana en varios centros composteláns

O Club Emprende MAS está a levar a cabo durante este mes de outubro o proxecto VITAMÍNA-T, un programa dirixido a alumnado da USC e encamiñado a dar a coñecer as actividades da asociación e promover a cultura emprendedora entre este colectivo. Para achegar máis información sobre tanto sobre o Club como sobre Vitamína-T, o equipo de ADNIdeas impartirá na vindeira semana unha serie de charlas en distintas facultades da USC. O luns 14 terá lugar a primeira na Facultade de Farmacia ás 13.00 horas; o martes ás 12.00 en Dereito e ás 19.00 en Ciencias da Comunicación, para finalizar o mércores 16 cunha charla na Escola Técnica Superior de Enxeñaría ás 12.00 horas. Nestas sesións daranse a coñecer as distintas actividades que acollerá o proxecto, a metodoloxía Thinking Design e en que medida pode esta última axudar aos futuros profesionais nos seus respectivos ámbitos.

VITAMÍNA-T é un proxecto organizado polo Club Emprende MAS e conta coa colaboración de ADNIdeas. As diversas actividades programadas desenvolveranse ao longo do presente mes en tres xornadas os días 19, 22 e 26. As persoas interesas en inscribirse poden consultar máis información na web de Emprende MAS http://clubemprendemas.wix.com/clubemprendemas, en http://programavitamina-t.blogspot.com.es/

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.10.2013.