Pasar al contenido principal

A Responsabilidade Social en Galicia, a debate na USC

Especialistas de moi diferentes grupos de interese debaterán a próxima semana na Universidade de Santiago en torno á situación e retos da Responsabilidade Social (RSE) en Galicia. A 39 Xornada Corresponsables, cuxa inscrición é gratuíta, terá lugar o martes 22 na Facultade de Dereito e nela as principais institucións e organizacións líderes no impulso da Responsabilidade Social en Galicia axudarán a fomentar aínda más este sistema de xestión, poñendo especial atención ás particularidades de Galicia. Na sesión en Santiago falarán sobre o impulso da RSE nas empresas de Galicia o director de Márketing de Gadisa e os responsables de comunicación de Gas Natural Fenosa, Reale Seguros, R Cable e Zeltia. Ademais, diversos grupos de interese dialogarán sobre a implantación en Galicia da RSE e membros executivos de numerosas empresas galegas achegarán propostas para fomentar a RSE nas pequenas e medianas empresas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2013.