Pasar al contenido principal

A CRUE reivindica a ciencia como base do futuro e urxe medidas para salvar a I+D+i en España

Os reitores e reitoras das universidades españolas izan de novo a voz para pedir ao Goberno unha aposta firme e estratéxica de aumento no investimento en I+D+i, neste contexto de grave crise económica, que tantos recortes provocou. A investigación é, sen dúbida, unha forma de saír desta situación e así o demostraron aqueles países que apostaron pola ciencia.

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) reivindica, unha vez máis, a través do comunicado ‘A ciencia como base dun futuro estable e de progreso’, que o diñeiro destinado a políticas de I+D+i non é un gasto, senón unha inversión, polo que urxe ao Goberno que tome decisións para apoiar e salvar a I+d+i en España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2013.