Pasar al contenido principal

Fondo pesar na Universidade de Santiago polo pasamento do profesor José Luis Arias Jordán

A Universidade de Santiago está de loito polo pasamento do profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal José Luis Arias Jordán, un membro da comunidade universitaria querido e recoñecido no eido da docencia e a investigación. O pasamento de José Luis Arias Jordán xerou fondo pesar especialmente no campus de Lugo, onde o finado desenvolveu a súa traxectoria académica e investigadora desde finais da década dos anos 80. A institución únese así á dor de familiares e amizades nestes duros momentos.

O lugués José Luis Arias Jordán, finou na noite do pasado xoves 24 de setembro na capital luguesa. O profesor agora finado comezou a exercer a súa actividade docente na xa desaparecida Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e logo, durante anos compatibilizou o seu cometido docente na Escola Politécnica Superior de Lugo, onde impartía materias de deseño e expresión gráfica, co exercicio da súa actividade profesional como arquitecto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2013.