Pasar al contenido principal

A aplicación da medicina baseada na evidencia á clínica de vacún centra dous relatorios na Facultade de Veterinaria

A aplicación da medicina baseada na evidencia á clínica do gando vacún centrará os vindeiros días 7 e 8 de outubro dous relatorios no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo.

Esta actividade formativa e de carácter divulgativo está promovida pola Asociación para a promoción de investigadores en nivel predoutoral (APIP), en colaboración co Departamento de Patoloxía Animal da USC e co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, coa pretensión de afondar no coñecemento da chamada medicina baseada na evidencia e das súas aplicacións na clínica de gando vacún. A investigadora e profesora da Universidade de Nottingham Wendela Wapenaar, que xa ten desenvolvido un amplo estudo a epidemioloxía da Neóspera caninum en gando de vacún de leite, disertará o luns, a partir das 19.00 horas, sobre neosporosis. O auditorio da Facultade de Veterinaria acubillará o día seguinte, tamén á mesma hora, un relatorio do catedrático de Propedéutica Clínica Veterinaria na Universidade de Boloña, Arcangelo Gentile, quen falará sobre investigación neurolóxica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2013.