Pasar al contenido principal

Comeza a quinta edición do Máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas

O programa docente arranca cun seminario sobre o control da modificación dos contratos públicos

O Máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas da USC inaugurará este martes 17 a súa quinta edición coa celebración dun Seminario sobre o control da modificación dos contratos públicos, presidido pola presidenta del Consello Consultivo de Galicia, Mª Teresa Conde Pumpido-Tourón, e impartido por Silvia Díez Sastre, profesora de Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid. A sesión comezará ás 17.00 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito. Este seminario se enmarca, á súa vez, no Ciclo de Conferencias sobre Contratación do Sector Público organizado coa colaboración do grupo de investigación en Dereito das Administracións e Entidades do Sector Público da Universidade de Santiago, grazas ao financiamento da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Ciclo componse de sete seminarios nos que intervirán expertos de recoñecido prestixio na materia, procedentes de distintas universidades estranxeiras e españolas, como a Universität Innsbruck, a Universidade IUAV-Venecia, a Universidade do Salento, a Universidade de Coimbra, a Universidade de Braga, a Universidade Autónoma de Madrid e a propia USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.09.2013.