Pasar al contenido principal

A profesora Carmen Sarceda asume o decanato de Formación do Profesorado co reto de facer do centro un referente en España

De esquerda a dereita, Lestegás, López, Sarceda e García, no acto de toma de posesión da decana de Formación do Profesorado
De esquerda a dereita, Lestegás, López, Sarceda e García, no acto de toma de posesión da decana de Formación do Profesorado
O reitor da USC, Antonio López, preside en Lugo a toma de posesión da nova decana, á que acompañan no equipo de dirección os profesores Santiago López e Marta Poncet
Lugo

A profesora da área de Didáctica e Organización Escolar da USC Carmen Sarceda Gorgoso, a primeira muller que asume o decanato da Facultade de Formación do Profesorado da USC, asume este cargo académico co reto de converter do centro universitario do campus de Lugo con máis tradición académica e tamén o que conta con máis alumnado, un centro de referencia en Galicia e no contexto do sistema universitario español.

Sarceda Gorgoso, que estará acompañada no seu equipo de dirección dos profesores Santiago López, en calidade e videcano, e Marta Poncet, como secretaria da Facultade, realiz adiantou estes obxectivos no acto protocolario de toma de posesión de cargo, no marco dunha concorrida sesión presidida este xoves polo reitor da USC, Antonio López, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e na que tamén participou o profesor Francisco Rodríguez Lestegás, en calidade de predecesor no cargo durante os últimos oito anos.

Carmen Sarceda recoñeceu asumir este primeiro mandato como decana con “orgullo, compromiso e máxima responsabilidade”, ao tempo que reiterou a súa pretensión de contribuír co seu traballo a que a Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo se sitúe entre as mellores de Galicia e de España e goce de recoñecemento e internacional.

A progresiva mellora da reputación da Facultade de Formación do Profesorado da USC, un centro singular en Galicia e España e dos poucos que imparten a formación inicial de todo o profesorado de niveis non universitarios (Infantil, Primaria ESO, Bacharelato e FP), ademais doutros programas de máster e posgrao; a mellora da contratación, estabilidade e promoción do persoal docente e do PAS, a fin de acadar cotas de calidade máis altas, e a óptima capacitación e formación do alumnado, en aras a que poida dar resposta aos desafíos da sociedade, e a súa crecente implicación no funcionamento do centro, constitúen os tres grandes eixos que vertebran o programa do novo equipo que lidera Carmen Sarceda.

O acto de toma de posesión da profesora Sarceda Gorgosa como decana da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo congregou este xoves no centro lugués ao equipo de goberno da institución académica liderado polo reitor Antonio López, así como a boa parte dos integrantes do Consello de Goberno da USC, que está a celebrar unha reunión ordinaria no campus de Lugo. A secretaria xeral da USC, Dulce García, e decanos e directores dos centros universitarios lugueses, así como unha nutrida representación de docentes na Facultade de Formación do Profesorado tamén asistiron á sesión.

Asisentes ao acto de toma de posesión no salón de actos de Formación do Profesorado

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.12.2019.