Pasar al contenido principal

Remata o prazo para inscribirse no curso sobre integración europea, goberno corporativo e protección social das empresas

Como cada ano, o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor (CERGI) organiza o curso de sobre integración europea, goberno corporativo e protección social das empresas, do módulo Jean Monnet. O prazo para matricularse nesta novena edición remata o vindeiro 30 de setembro. O curso, que será impartido por docentes da USC e doutras universidades entre os días 15 e 22 de novembro na Facultade de Dereito, tratará cuestións como as sociedades mercantís en Europa, os órganos sociais como xunta xeral e consello de administración, aspectos societarios, a Unión Europea e o financiamento das pequenas e medianas empresas. As persoas vinculadas á USC poden efectuar a matrícula a través de Secretaría Virtual da USC ou nas UXAs dos Campus. As alleas deben poñerse en contacto con armidaliliana.gallegos [at] usc.es (mailto:armidaliliana[dot]gallegos[at]usc[dot]es) ou elena.carrillo [at] usc.es (elena[dot]carrillo[at]usc[dot]es). Outorgaranse 4 créditos de libre configuración.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2013.