Acto de graduación da promoción 2015/2019 de Dereito
A promoción 2015/2019 de Dereito celebrará este sábado 13 a súa graduación nun acto ás 18.00 horas que presidirá o reitor Antonio López no Auditorio de Galicia. O acto comezará coa intervención do decano Gumersindo Guinarte ao que seguirán as intervencións dos tres grupos de alumnos/as en que se organizar esta promoción, Candela Domínguez e Eddie Freire en representación do grupo A; Antonio Lorenzo e José Manuel González polo B; e Amanda Silvestre e Carlos Seoane polo C.
Dando continuidade á representación do alumnado tamén tomarán a palabra os padriños e madriñas de cada un dos grupos, o profesor Javier Ferreira (A) e as profesoras Ana Rodríguez (B) e Begoña López (C). A entrega de diplomas e becas conmemorativas precederá ás palabras de clausura que pronunciará o reitor.