Pasar al contenido principal

Apelan ao compromiso coa sociedade dos diferentes medios no tratamento do caso de Asunta Basterra

A Facultade de Ciencias da Comunicación e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia fan un chamamento á responsabilidade

Conscientes de que durante estes días houbo importantes eivas na calidade informativa, a Facultade de Ciencias da Comunicación e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reivindican nun comunicado conxunto “a obriga da información veraz, obxectiva e imparcial para que os medios de comunicación poidan trasladar ao conxunto da sociedade toda a información relevante relacionada co caso Asunta”. Apelando ao “compromiso coa sociedade tanto dos editores como dos profesionais dos medios”, fan un chamamento á “responsabilidade” dos editores e das fontes informativas para que non se desvirtúe o fin último do xornalismo que é garantir o dereito á información veraz e á opinión libre. Á vez, apelan á profesionalidade, ao respecto dos códigos deontolóxicos e ao “bo traballo das ducias de xornalistas que se enfrontan ante a dura tarefa de informar dun suceso tan dramático”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2013.