Pasar al contenido principal

O XXVIII Simposio Nacional da Unión Científica Internacional de Radio-URSI comeza este mércores en Compostela

O reitor presidirá o acto inaugural do que é o principal lugar de encontro para quen, nas universidades, centros de investigación e empresas, traballa na investigación básica e aplicada dentro do...

O XXVIII Simposio Nacional da Unión Científica Internacional de Radio (URSI) comezou as súas actividades este mércores 11 en Compostela, onde se desenvolverá ata o próximo venres 13. No ámbito nacional este é o principal lugar de encontro para quen, nas universidades, centros de investigación e empresas, traballa na investigación básica e aplicada dentro do campo das telecomunicacións e as ciencias electrónicas. O reitor Juan Casares presidirá este mesmo mércores o acto inaugural do encontro no que participan preto de 170 expertos/as, nunha sesión que comezará ás 20.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e no que está prevista ademais a presenza do director xeral da Axencia Galega de Innovación, Manuel Rey Varela; da tenente de alcalde do Concello de Santiago, Amelia González; do decano da Facultade de Física, Luis Miguel Varela Cabo; e do presidente do comité organizador, Francisco José Ares. Con anterioridade, o programa científica do Simposio comezou ás 9.00 horas no Palacio de Congresos de Santiago cunha serie de mesas simultáneas agrupadas baixo os epígrafes Radiación, dispersión e radiopropagación; Procesado de sinal. Tratamento de voz e imaxe; Fotónica e Comunicacións Ópticas; e Antenas. Estas comunicacións deron paso á primeira sesión plenaria da xornada, que pronunciou o profesor da Universidade Politécnica de Madrid, José Antonio Encinar Garcinuño, titulada ‘Antenas Reflectarray para Aplicacións Espaciais’. A quenda dos relatorios continuou deseguido agrupados arredor dos bloques temáticos sobre Bioelectromagnetismo e aplicacións biomédicas; Compoñentes e circuitos pasivos de microondas; novas tecnoloxías e ferramentas aplicadas á educación; Antenas; Comunicación móbiles e sen fíos; e Metamateriais. Ás 13.25 horas, está programada asegunda sesión plenaria do encontro, neste ocasión impartida por Giorgio Franceschetti, da Universidade de Napoles Federico II co título ‘ Electromagnetic Propagation and Field Level Control in Smart Cities’. Pola tarde, o programa reanudarase a partir das 16.10 horas, cunha serie de relatorios sobre Bioelectromagnetismo e aplicacións biomédicas; Aplicacións matemáticas: modelado e simulación; Novos servizos e seguridade nas telecomunicacións; compoñentes e circuítos activos de microondas; Tecnoloxías e Aplicacións ATHZ; e Radar. Para acadar máis información sobre este simposio, as persoas interesadas poden acadar máis información na web http://www.ursi2013.org/.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2013.