Pasar al contenido principal

Histagra estuda nun seminario a politización e conflitividade na Galicia e o País Vasco rurais entre a ditadura e democracia

O grupo Histagra organiza este xoves 4 e o venres 5 un seminario de investigación sobre ‘ Sociedades en transformación: politización e conflitividade na Galicia e o País Vasco rurais entre a ditadura e democracia (1960-1982). No Seminario 303 da Facultade de Filosofía, esta é unha acción formativa que se inclúe no programa de actividades do proxecto de investigación ‘Conflitividade social e mobilización política nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982)’. Os investigadores da USC Antonio Míguez Macho e Daniel Lanero abrirán a quenda de intervencións ás 10.30 horas cun relatorio dedicado á polítización e movementos sociais na España rural do final do franquismo e a transición. Araceli Freire, tamén da USC, tomará o relevo para falar do proceso de devolución dos Montes Veciñais en Man Común entre 1968 e 1989 a modo de exemplo da historia da loita social polos recursos naturais. Pola tarde, a partir das 16.30 horas, Daniel Lanero referirase á conflitividade socioambiental na Galicia meridional entre 1960 e 1980 e Ana Cabana e Alba Díaz, da USC, presentarán o relatorio ‘Acción colectiva, sindicalismo democrático e comportamento electoral na Galicia rural da Transición’. Na xornada do venres 5, ademais de presentar as conclusión colectivas sobre o seminario e a elección do tema da próximo monografía deste proxecto, presentaranse dúas intervención sobre a absolutización da política vasca na transición e a reruralización ideolóxica e identidade nacional no franquismo e a transición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2013.