Pasar al contenido principal

A USC e Alvarellos Editoria xuntan esforzos nun novo libro que reconstrúe a historia do Casino de Vigo

De esquerda a dereita Juan Blanco, Rubén Martínez e Henrique Alvarellos
De esquerda a dereita Juan Blanco, Rubén Martínez e Henrique Alvarellos

A USC e Alvarellos Editora presentaron este xoves 20 na Casa del Libro de Vigo o libro El Casino de Vigo. Crónica ilustrada de la histórica sociedad de recreo (1847-1936), do que é autor o historiador Rubén Martínez Alonso. Na presentación, interviñeron ademais do autor o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco, e o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos.

O libro propón unha viaxe no tempo ao Casino de Vigo, a máis antiga sociedade de lecer da cidade olívica, a través dun relato enriquecido por un centro de fotografías históricas e ilustracións, moitas delas tamén inéditas. Dende a súa fundación, en 1847, converteríase na sociedade máis importante de Vigo, vertebradora de boa parte da vida social da súa época. Ata agora, a súa traxectoria non fora tratada de maneira específica.

As máis de 200 páxinas desta obra rememoran o relato dos bailes, o teatro, o cinema ou as visitas de persoalidades ao Casino, entre elas, Joaquín Loriga, Castelao, Alfonso XIII, Victoria Eugenia, Basilio Álvarez, Ramón Cabanillas ou Rodríguez de Viguri, entre outras. O relato de Rubén Martínez achégase á contabilidade, a arquitectura ou a moda arredo rdo Casino de Vigo.

Rubén Martínez Alonso (Vigo, 1980) é licenciado en Historia da Arte pola USC. Co inicio da súa tese de doutoramento, Las sociedades recreativas en la Galicia urbana (1850-1936), simultaneará a investigación coa docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2013.