Pasar al contenido principal

Estudan en Santiago tecnoloxías sustentables para o tratamento de augas residuais industriais e municipais

Ao congreso asisten 800 especialistas de 55 países (Foto: Santi Alvite)
Ao congreso asisten 800 especialistas de 55 países (Foto: Santi Alvite)
No 13 Congreso Mundial de Dixestión Anaerobia participan 800 persoas de 55 países

O 13 Congreso Mundial de Dixestión Anaerobia desenvólvese en Santiago esta semana coa asistencia de, entre outros, o profesor Gatze Lettinga, investido doutor honoris causa pola USC. No encontro sobre o tratamento de augas residuais e residuos con produción de enerxía (biogás) daranse as claves das distintas tecnoloxías sustentables para augas industriais e municipais. Este encontro internacional reúne na cidade 800 especialistas de 55 países de todo o mundo, cunha importante participación industrial. Trátase de abordar cuestións tradicionais relativas á dixestión anaerobia incluíndo a recuperación de enerxía e nutrientes, a biodegradación de compostos recalcitrantes, modelado e control ou sistemas de bioelectroquímica en paralelo a asuntos máis innovadores como a co dixestión para a mellora da eficiencia, a integración de procesos, novas biomasas ou a AD como tecnoloxía fundamental nos sistemas descentralizados e para reducir a pegada de carbono. O congreso inaugurouse no Hostal dos Reis Católicos nun acto que presidiu o reitor da USC (Foto: Santi Alvite)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.06.2013.