Pasar al contenido principal

Acto de fin de estudos da cuarta promoción do grao en Enxeñaría Informática da USC

A cuarta promoción do Grao en Enxeñaría Informática celebra este venres 14 o acto de fin de estudos nunha xornada no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) que comezará ás 18.30 horas presidido polo vicerreitor de Investigación, Francisco González. Fernando Blanco Dosil, Alejandro Marcote e Andrián Villa abrirán a quenda de intervencións en nome do alumnado da promoción, dando paso á madriña e ao padriño, Dora Blanco e José Varela Pet. Deseguido falarán o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Marcos Mata; o director do Departamento de Electrónica e Computación, Francisco Fernández Rivera; o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información, Paulo Félix; e o director da ETSE, Antonio Mosquera. Poñendo fin a este acto fin de estudos, entregaranse os diplomas conmemorativos e o vicerreitor Francisco González clausurará oficialmente a sesión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2013.