Pasar al contenido principal

O obradoiro ‘Nos fogóns de Apicus’ achega ao público familiar á cultura romana a través da gastronomía na Domus do Mitreo

Xacemento arqueolóxico do Museo Universitario A Domus do Mitreo
Xacemento arqueolóxico do Museo Universitario A Domus do Mitreo
A participación na actividade, que se desenvolverá este sábado 20 de xullo a partir das 11.30 horas, é gratuíta previa inscrición no enderezo mitreo.lugo@galipat.es
Lugo

A programación especial de verán do Museo Universitario A Domus do Mitreo continúa este sábado 20 de xullo, a partir das 11.30 horas, coa celebración do obradoiro didáctico ‘Nos fogóns do Apicus’ , unha actividade didáctica e divulgativa, orientada ao público familiar a partir de 7 anos de idade, a través da que as persoas participantes poderán coñecer os praceres da mesa nos banquetes romanos. A inscrición neste obradoiro é libre e de balde previa reserva no enderezo electrónico mitreo.lugo [at] galipat.es (mitreo[dot]lugo[at]galipat[dot]es).

Os obradoiros ‘Nos fogóns do Apicus’, que comezaron o 6 de xullo e terán continuidade os sábados 20 de xullo e 3 e 17 de agosto de 2019, desenvólvense en quenda de mañá, a partir das 11.30 horas. As persoas inscritas terán a oportunidade de viaxar e coñecer a cultura romana a través da gastronomía da época seguindo unha receita romana. As actividades específicas incluídas na programación estival ‘ Os Veráns na Domus’ compleméntanse coas visitas guiadas que xa se ofrecen no horario de apertura deste xacemento arqueolóxico de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.12.2019.