Pasar al contenido principal

O Centro de Linguas Modernas organiza dúas sesións dedicadas ao Haiku, poema tradicional xaponés

O Centro de Linguas Modernas da USC organiza a vindeira semana un curso de cultura xaponesa dedicada ao Haiku, poema tradicional xaponés que transmite unha mensaxe ou sentimento en 17 sílabas seguindo un ritmo de 5, 7 5 sílabas. É unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Casa Galicia Xapón e a Japan Foundation dentro das actividades conmemorativas do 400 aniversario das relacións entre España e Xapón O curso comezará coa celebración o martes 18 de xuño dunha charla de entrada gratuíta e aberta a todos os públicos sobre Haiku. Celebrarase a partir das 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. Ao día seguinte, o mércores 19, terá lugar unha charla e taller sobre estes poemas xaponeses dirixidos a estudantes de xaponés. O lugar de celebración será no Seminario C da Facultade de Filoloxía en horario de 18.00 a 20.30 horas. Na primeira sesión, presentarase a historia do Haiku, a súa definición e características, palabras clave relacionadas coas estacións do ano e o seu ritmo silábico interno. Haberá tamén referencias aos poetas máis famosos da historia e ás súas creacións máis representativas. Na sesión de taller, as persoas que participen recitarán haikus co obxecto de acostumarse á métrica, para despois compoñer as súas propias propostas de acordo ao seu nivel de xaponés. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web do CLM www.usc.es/en/servizos/clm/cursos/xapones/actividades/news_0005.html.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2013.