Fondo pesar na Universidade de Santiago polo pasamento do profesor José Ramón Vázquez Rodríguez
A Universidade de Santiago está de loito polo pasamento do profesor do Departamento de Electrónica e Computación José Ramón Vázquez Rodríguez, un membro da comunidade universitaria querido e recoñecido no eido da docencia e a investigación. O pasamento de Vázquez Rodríguez xerou fondo pesar especialmente no campus de Lugo, onde o finado desenvolveu boa parte da súa traxectoria académica e investigadora. A institución únese así á dor de familiares e amizades nestes duros momentos.
O lugués José Ramón Vázquez Rodríguez, de 55 anos de idade e nado do concello de Palas de Rei, finou na tarde do pasado sábado, día 30 de novembro, na capital luguesa. O profesor Vázquez Rodríguez, que comezara a súa andaina como docente universitario na vella Escola de Empresarias de Lugo, ocupouse durante anos da especialidade en Informática e Xestión da xas extinta diplomatura en Estudos Empresarias.
Logo da desaparición deste título, a Universidade de Santiago de Compostela asignoulle a este profesor a docencia nalgunha das enxeñarías que se imparten na Escola Politécnica Superior do campus lugués, onde daba clase na actualidade.