Pasar al contenido principal

A Rede Española de Compostaxe reúnese esta semana en Bioloxía

A Rede Española de Compostaxe reúnese esta semana en Bioloxía
A Rede Española de Compostaxe reúnese esta semana en Bioloxía

Os 45 grupos de investigación da Rede Española de Compostaxe (REC) reúnense esta semana na Facultade de Bioloxía na súa terceira xuntanza bienal, que nesta ocasión organiza a Universidade de Santiago coa colaboración das de Vigo e A Coruña e o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC. A pesar da longa tradición en España en compostaxe e do amplo coñecemento sobre a calidade e usos do compost, trátase dun tema aberto a novas achegas, derivadas dos novos marcos lexislativos que regulan a xestión de residuos, dos esforzos para mellorar a caracterización do compost e das novas áreas de aplicación que xorden para este produto. A celebración destas xornadas en Galicia é, para a profesora do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e coordinadora da xuntanza, María Teresa Silva Barral, “unha excelente oportunidade de repensar a xestión de residuos orgánicos na nosa comunidade, coa intervención de todos os sectores implicados, para conseguir optimizar a través da obtención de compost a recuperación de materia orgánica de calidade que contribúa a mellorar a calidade dos nosos solos agrícolas”. Ademais, outros usos do compost como a la elaboración de substratos de cultivo, a recuperación de solos degradados ou contaminados serán examinados nestas xornadas. A Rede Española de Compostaxe, presidida polo catedrático de Microbioloxía da Universidade de Almería, Joaquín Moreno, trata de impulsar a xestión sostible de residuos orgánicos integrando actuacións como a identificación de residuos compostables, o proceso biolóxico de transformación ou a calidade do produto e o seu potencial de aplicación, sempre impulsando a transferencia de resultados ao sector empresarial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2012.