Un curso de verán en Vilagarcía estuda a ecotoxicoloxía das floracións de cianobacterias
O Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa acollerá do 17 ao 19 de xullo o curso de verán da USC ‘ Aspectos ecotoxicolóxicos das floracións de cianobacterias en augas continentais’. O curso está dirixido por Francisco Menéndez Iglesias e Fernando Cobo Gradín, este último profesor do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Bioloxía, director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC e presidente da Asociación Galega de Investigadores da Auga. Entre o panel de especialistas e profesionais que participan no curso figuran docentes de universidades de España e Portugal así como o coordinador Español do programa COST (Cyanotoxins in Europe), Antonio Quesada Corral; o director-xerente de Ecohydros, S.L., Agustín Monteoliva; o xefe do Laboratorio de Análises da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Alberto Bueres G-Junceda; a responsable do Laboratorio e Calidade da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, Sandra Barca Bravo, entre outros.