Pasar al contenido principal

27 artistas de renome dialogan coa morte na Igrexa da USC e na Capela de Santa María

73x73x273 son as medidas estándar dun nicho de enterramento e é tamén o título da exposición que este xoves, 2 de febreiro, se inaugura na Igrexa da Universidade en Santiago e que logo viaxará á Capela de Santa María de Lugo.

O lema da mostra leva engadido ‘A irmá do sono’, a morte, por iso o emprazamento non podía ser máis apropiado para dar acubillo á obra de vinte e sete artistas que abordan de maneira directa ou tanxencial un feito que dá motivo á reflexión a medida que transcorre o tempo.

Antón Lamazares, Paco Pestana, Eduardo Valiña, Pamen Pereira, Ana Soler, Paulo Neves, Ignacio Pardo, Xurxo Oro Claro, Xaquín Chaves, Álvaro de la Vega, Fernando Páez, Xurxo Lobato, Christian Villamide, Roberto González, David Trullo, Mónica Alonso, Ramón Conde, Manuel Sendón, Fran Herbello, Victoria Diehl, Andrea Costas, Teo Soriano, Xulio Gil, Antonio Blanco, Montse Rego, Ruth Massó e Fernando Yánez conversan nas igrexas, hoxe en Compostela, a mediados de marzo en Lugo, coa irmá do sono.

A mostra, posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo, inaugúrase este xoves ás 20.00 horas en Santiago e alí permanecerá ata que o 15 de marzo abra as súas portas en Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.01.2012.