Pasar al contenido principal

A USC e a Universidade Lúrio de Mozambique desenvolverán actividades conxuntas de investigación

Antonio López e Francisco Noa tras a sinatura protocolaria do convenio
Antonio López e Francisco Noa tras a sinatura protocolaria do convenio
Asinaron un convenio marco de colaboración
Lugo, Santiago de Compostela

A USC e a Universidade Lúrio de Mozambique acaban de asinar un convenio marco de colaboración para o desenvolvemento de actividades conxuntas de investigación. O reitor Antonio López e o seu homólogo de Lúrio, Francisco Noa, veñen de asinar o documento nun encontro en San Xerome.

Ambas institucións colaborarán na execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, así como en programas de formación de persoal investigador e técnico. A cooperación inclúe tamén o asesoramento mutuo e a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, ademais do intercambio de persoal por tempo limitado. O acordo comeza cunha vixencia inicial de dous anos prorrogable por períodos similares de tempo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.01.2020.