Pasar al contenido principal

Estudantado da USC realizará prácticas na FEGAMP e en concellos e deputacións galegas

Estudantado da USC realizará prácticas na FEGAMP e en concellos e deputacións galegas
Estudantado da USC realizará prácticas na FEGAMP e en concellos e deputacións galegas

A USC e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) asinaron este mércores 30 un convenio de colaboración para que alumnado da universidade compostelá poida realizar prácticas profesionais na Federación así como nos concellos galegos e deputacións que se sumen ao acordo. O reitor Juan Casares e o presidente da FEGAMP, José M. Rey Varela, asinaron o convenio nun acto protocolario no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O obxecto das prácticas é o desenvolvemento de tarefas adecuadas ao nivel de formación do alumnado de xeito que lle outorgue unha experiencia que facilite o posterior engarce dos futuros profesionais no contorno laboral A FEGAMP divulgará entre os concellos e deputación galegas a existencia deste convenio coa finalidade de que oferten prazas de prácticas ao alumnado. Inicialmente e á vista da experiencia en cursos anteriores, agárdase especial participación nos graos en Ciencias Políticas e Sociais, Educación Social, Pedagoxía, Traballo Social, Psicoloxía, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Historia, Historia da Arte e en Xeografía e Ordenación do Territorio. Ademais, o acordo será extensible ao alumnado de diversos másteres universitarios sobre turismo, educación, xestión pública, desenvolvemento rexional, xénero e igualdade ou xestión e dirección laboral, entre outros. En calquera caso, a convocatoria estará aberta a todas as titulacións da USC. A oferta de prácticas realizarase mediante a adhesión a este convenio e trasladarase ás Facultades para que elaboren as convocatorias correspondentes. A carga lectiva das prácticas realizarse conforme ao establecido nos plans de estudo correspondentes, computándose un crédito por cada 25 horas de prácticas. A USC seleccionará ao estudantado interesado consonte unha convocatoria que respectará os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito. O convenio manterá a súa vixencia por dous cursos académicos, podendo prorrogarse automaticamente por cursos sucesivos se ningunha das partes o denuncia de xeito expreso cunha antelación de tres meses.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2012.