Xerardo Estévez presenta no Paraninfo Paisajes y palabras, un volume co editado pola USC
Un total de 145 artigos que sobre urbanismo e paisaxismo publicou o arquitecto e ex alcalde de Compostela, Xerardo Estevez, en El País e La Voz de Galicia entre outubro de 1999 e maio de 2011 recóllense nun único volume editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e o Consorcio de Santiago. Paisajes y palabras, con limiardo ex xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva, presentarase este mércores 21 ás 20:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). O acto decorrerá baixo a presidencia do reitor da USC e do presidente do Consorcio e alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e na mesa estarán presentes, ademais, o propio autor, o prologuista do libro e os directores de Publicacións do Consorcio, Juan Conde Roa, e da USC, Juan L Blanco Valdés.