Pasar al contenido principal

O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC celebra a primeira xuntanza do seu consello

O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CGRI) acaba de reunir por vez primeira o seu Consello de Centro, órgano director do CRGI que integran varios profesores e investigadores da USC, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, a Dirección Xeral de Traballo e a Subdirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia. Na xuntanza, o catedrático de Dereito Mercantil da USC Angel Fernández-Albor Baltar, foi ratificado como director do CRGI, centro que conta coa participación da Xunta de Galicia e que centrará a súa actividade no fomento e desenvolvemento de actividades de docencia, investigación e práctica no ámbito do compromiso das empresas co contorno e a sociedade, co bo goberno empresarial e coa protección dos investidores, incluídos os consumidores, nas súas relacións coas entidades financeiras. Xornada aberta Como primeiro acto aberto ao publico, este martes 27 ás 17.00 horas celebrase unha xornada aberta no Salón de Graos da Facultade de Dereito sobre protección dos consumidores que solicitan créditos (hipotecas, préstamos, ...) dos bancos e outras institucións. Esta é unha iniciativa que o CRGI organiza en colaboración co Centro de Estudos e Documentación Europea e o Instituto de Dereito Industrial da USC (Idius) e no que participarán expertos das universidades da Coruña, Kent e Hamburgo. As sesións forman parte do IX Curso de Integración Europea e Dereito Privado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2012.