Pasar al contenido principal

A Unidade de Tabaquismo da USC ofrece unha nova oportunidade para deixar de fumar

O prazo para participar no programa da Unidade de Tabaquismo estará aberto ata o 31 de marzo
O prazo para participar no programa da Unidade de Tabaquismo estará aberto ata o 31 de marzo
A Unidade de Tabaquismo da USC ofrece unha nova oportunidade para deixar de fumar

Preto de 11.000 fumadores pasaron polos distintos programas da Unidade de Tabaquismo da USC que se puxeron en marcha en 1984. Actualmente a Unidade mantén aberto ata o próximo 31 de marzo o prazo para participar na nova quenda deste tratamento psicolóxico grazas ao que numerosas persoas conseguiron abandonar o tabaco. Segundo explica o catedrático de Psicoloxía Clínica e responsable da Unidade, Elisardo Becoña, os motivos para deixar de fumar son múltiples deixando a un lado que o tabaco é a principal causa de morbi-mortalidade que explica a morte prematura de 50.000 persoas cada ano en España, das cales dez diariamente morren en Galicia. Pero se ben a saúde soe ser o principal motivo, nos últimos anos rexistráronse outros de carácter económico, unha maior conciencia do carácter aditivo do tabaco, a presión social ou a asunción de que a partir de certa idade xa é o momento de abandonar o hábito. A Unidade de Tabaquismo ofrece programas de distinto tipo. Desde o presencial gratuíto con seis sesións de tratamento ata o postal ‘ Programa 2011 para deixar de fumar’ que pode ser seguido dende a casa con elevados índices de éxito. As persoas interesadas en inscribirse nestes tratamentos poden contactar por correo electrónico (elisardo.becona [at] usc.es (elisardo[dot]becona[at]usc[dot]es)) ou chamar aos teléfonos 881.813.939 ou 881.813.861.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2023.