Pasar al contenido principal

Unha investigadora deseña un método semiautomático para a equiparación de terminoloxías de gran tamaño no ámbito médico

A investigadora Mª del Rosario Lalín deseñou un método semiautomático para a equiparación de terminoloxías de gran tamaño no ámbito médico e a validación e desambiguación dos aliñamentos resultantes. O método inclúe a combinación de diferentes técnicas - léxicas, estruturais e de procesamento de linguaxe natural- co fin de incrementar a automatización do proceso á vez que a precisión global. A arquitectura está dispoñible nos recursos operativos no momento, tales como as técnicas de equiparación léxicas proporcionadas polo servidor de coñecemento do UMLS ou técnicas de procesamento de linguaxe natural.

No mesmo traballo de investigación proporciónase ademais un procedemento automático de validación dos resultados alcanzados, que permite coñecer o nivel de similitude semántica que presentan os aliñamentos resultantes, seleccionando os máis axeitados. Para iso, o sistema utiliza información semántica presente nas terminoloxías e parámetros calculables automaticamente como son a similitude das categorías de alto nivel e os factores de similitude dos conceptos de cada aliñamento. Por último, empréganse técnicas de procesamento de linguaxe natural para obter aliñamentos parciais para conceptos sen aliñamento directo.

María Jesús Taboada e Diego Martínez son os directores da tese que co título ‘Aliñamento e validación de terminoloxías e grande escala no ámbito médico’ foi merecedora da máxima cualificación de sobresaliente ‘cum laude’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.01.2012.