Nova edición do curso de verán sobre a creación de documentos científicos e presentacións en LaTeX

O curso desenvolverase dende ao 22 ao 26 de xullo na Aula Magna e aulas de informática da Facultade de Matemáticas
Santiago de Compostela
O curso ‘ LaTeX: Creación de documentos científicos e presentacións’ desenvolverase dende ao 22 ao 26 de xullo na Aula Magna e aulas de informática da Facultade de Matemáticas co co-financiamento da Deputación da Coruña.
Esta é unha actividade formativa que ten como obxectivo practicar a elaboración de documentos de calidade tipográfica profesional, como artigos, libros, traballos..., transcribindo textos de diferentes ramas de coñecemento (ciencias, humanidades, ensinanzas técnicas, etc.) e manexando gráficos na composición de materiais diversos, incluíndo a elaboración de presentacións. As persoas interesadas poden matricularse ata o 12 de xullo a través da web da Universidade de Verán.