Pasar al contenido principal

O Servizo de Deportes organiza unhas xornadas de portas abertas con sesións gratuítas en distintas escolas de baile

O Servizo de Deportes da USC desenvolverá na próximo mes de febreiro unhas xornadas de portas abertas que inclúen clases gratuítas sobre distintas modalidade de baile. Esta é unha iniciativa organizada de xeito parello co XXV aniversario do Taller de baile Alecrín.

Deste xeito, as persoas interesadas poderán achegarse ás sesións de iniciación ao baile de salón, os martes de 20.40 a 21.40 horas na Sala Multiusos do Estadio de Atletismo; a baile en liña na modalidade individual, os xoves de 19.00 a 20.00 horas, na mesma Sala Multiusos; e ás clases de bailes latinos, os xoves de 22.00 a 23.00 horas na Sala de Ensaios da Residencia Monte da Condesa.

Para acadar máis información, os números do Servizo de Deportes son 881.815.071 ou 881.815.073.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.01.2012.