Pasar al contenido principal

A EPS de Lugo organizou unha xornada sobre investigación en enxeñería para o desenvolvemento rural

O encontro estruturouse a partir das comunicacións dos alumnos do máster oficial que imparte o Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola

O Departamento de Enxeñaría forestal da Escola Politécnica Superior de Lugo organizou recentemente unha xornada sobre enxeñaría para o desenvolvemento rural, dirixida á formación dos investigadores que traballan neste sector. Aspectos como a agroenxeñería, a enxeñería de produción de leite e a modelización forestal centraron o programa do encontro nesta primeira edición. A xornada forma parte das actividades do seminario de doutores do máster oficial en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural, e estruturouse a modo de workshop, a partir das comunicacións elaboradas polos alumnos deste posgrao. Algúns dos temas abordados nos relatorios foron a optimización das rutas para as colleitadoras de forraxe, a muxidura robotizada, a degradacións das estruturas da madeira durante un incendio, a mellora da eficiencia nas explotacións de vacún de leite ou a instalación de pequenos aeroxeradores neste tipo de industrias. Todas as comunicacións presentadas serán recollidas nun documento común para a súa publicación como monográfico na revista Spanish Journal of Rural Development.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2012.