Pasar al contenido principal

Clase maxistral de cultura xaponesa con arte floral ikebana e nocións básicas de lingua

Cando se cumpre un ano do terremoto do Xapón, o Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago organiza este xoves 8 en Santiago unha clase maxistral de cultura xaponesa. Será ás 16.30 horas na Facultade de Dereito cando Eriko Murata faga unha demostración da arte floral xaponesa Ikebana. Dúas horas máis tarde, a profesora do CLM Minako Takahashi explicará nunha charla como falar xaponés sen ter coñecementos da lingua. A entrada é gratuíta, pero admítense donativos para os damnificados polo desastre do Xapón, que se entregarán directamente a Cruz Vermella.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2012.