A USC e o Concello de Lugo formalizarán a mutación dunha parcela municipal para destinar a novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos
O reitor Juan Casares e o alcalde do Concello de Lugo, José Clemente López Orozco, asinarán este venres 20 a acta de formalización da mutación demanial subxectiva dunha parcela municipal que se destinará á construción de novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos.
A sinatura desta acta celebrarase nun acto no Concello de Lugo a partir das 11.30 horas. O terreo referido sitúase na parcela contigua á que ocupan as novas instalacións do CETAL.