Pasar al contenido principal

Fondo pesar na Universidade polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

Fondo pesar na Universidade polo falecemento de Isaac Díaz Pardo
Fondo pesar na Universidade polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

A Universidade de Santiago de Compostela, na persoa do seu reitor Juan Casares Long, manifesta o seu profundo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo, figura senlleira deste país con recoñecemento internacional e amigo sempre da Universidade. “Marcha un loitador incansable, magnífico pensador expoñente da excelencia intelectual de Galicia que durante toda a súa vida mantivo lazos de colaboración e amizade coas institucións que, como a universitaria, son confluencia de cultura e coñecemento”, manifesta o reitor nun comunicado. A súa figura intelectual, literaria, artística e política, unida á súa faceta emprendedora tamén no eido empresarial, deixará “un pouso indeleble nesta institución”, da que dende 1992 era doutor honoris causa. “Estarémoslle sempre agradecidos”, sentencia Juan Casares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.01.2012.