As rutas de sendeirismo da Área de Deportes para xaneiro achéganse á Illa de Arousa e Campo Lameiro
A Illa de Arousa e Campo Lameiro son as dúas localidades pontevedresas que acollerán as rutas de sendeirismo propostas pola Área de Deportes da USC para este mes de xaneiro
A ruta pola Illa de Arousa, o día 21 de xaneiro, discorrerá ao longo de 23 quilómetros cun nivel medio de dificultade ao longo de todo o perímetro da Illa, comezando a camiñar no peirao de Arousa en dirección norte, en sentido contrario ás agullas do reloxo. Nesta ruta visitaranse zonas dun alto interese natural e moi ben conservadas, por exemplo a zona do Carreirón, situada ao sur da Illa.
O día 28, o destino será Campo Lameiro, para recorrer once quilómetros con dificultade medio-baixa. A xornada comezará coa visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre desta localidade e ao seu centro de interpretación, unha instalación senlleria en Galicia. As persoas que se inscriban nesta proposta coñecerán os petróglifos que se conservan nestas instalacións a través dun percorrido de 3 quilómetros de lonxitude por dentro do parque.
Rematada a visita, o grupo dirixirase cara ao río Maneses, con numerosos restos de muíños, que dan conta da importancia que noutras épocas tivo este pequeno río. A ruta dirixirase ata a súa desembocadura no Lérez, que os camiñantes seguirán ata chegar a aldeíña de Redonde logo de facer una pequena subida.
En ambos os dous casos, as persoas interesadas deberán dirixirse á Oficina de Deportes na Piscina Universitaria para formalizar a súa inscrición. ou visitar a web do servizo.