Pasar al contenido principal

A USC relanza internacionalmente o revolucionario estudo do neurocientífico Justo Gonzalo

A edición facsímil de Dinámica cerebral preséntase en rolda de prensa este xoves 19

O Servizo de Publicacións incorporou recentemente ao catálogo da USC a reprodución facsimilar de Dinámica cerebral. La actividad cerebral en función de las condiciones dinámicas de la excitabilidad nerviosa, do neurocientífico Justo Gonzalo Rodríguez-Leal (1910-1986). A obra, baseada en observacións empíricas sobre feridos na guerra civil española, é pioneira dos máis modernos estudos realizados na Harvard Medical School, en Boston, e noutros laboratorios mundiais que abordan a funcionalidade cortical.

O volume presentarase este xoves 19 nunha rolda de prensa a desenvolver ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participarán a filla do investigador, Isabel Gonzalo, profesora da Complutense e responsable da edición; o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González; o presidente da Rede Temática en Tecnoloxías de Computación Artificial/Natural, José Manuel Ferrández; e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.01.2012.