En febreiro comeza un novo prazo para matricularse nos cursos de idiomas do Centro de Linguas Modernas da USC
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago abre en febreiro un novo prazo de matrícula para cursar idiomas durante o segundo cuadrimestre.
As persoas interesadas en estudar en Santiago catalán, chinés, portugués, ruso e xaponés deberán someterse os días 10 ou 17 de febreiro a unha proba para determinar o seu nivel idiomático, algo que non deberá facer quen desexe comezar a cursar checo, chinés, galego para non galegofalantes e xaponés.
En Lugo convócase un curso de francés de nivel A1.2 e un novo de galego para non galegofalantes, para os que non existe proba de nivelación.
O prazo de matrícula será do 2 ao 22 de febreiro e as clases desenvolveranse a partir desta última data e ata o 4 de xuño.