Pasar al contenido principal

O II Congreso Interuniversitario de Mantemento Sostible e Eficiencia Enerxética buscará alternativas para unha explotación enerxética eficiente nas universidades

Celebrarase na USC entre os días 1 e 3 de febreiro

A USC reunirá o vindeiro mes, entre os días 1 e 3 de febreiro, representantes de universidades de Galicia, Castela León, Asturias, Cantabria, Navarra, Euskadi, Aragón e a Comunidade de Madrid, así como das tres universidades do norte de Portugal, no II Congreso Interuniversitario de Mantemento Sostible e Eficiencia Enerxética. Será unha xuntanza de traballo de xestores enerxéticos e directores de mantemento de diferentes universidades españolas que debaterán sobre a xestión eficiente dos recursos enerxéticos no ámbito das universidades.

Organizado pola Unidade de Enerxía e Sustentabilidade da USC en colaboración co Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos da Universidade da Coruña, nos edificios universitarios unha explotación enerxética eficiente concéntrase na busca da excelencia na xestión das instalacións enerxéticas (electricidade, calefacción, aire acondicionado, enerxías renovables, gases combustibles,...), na propia explotación ou na optimización á hora da compra de enerxía nos mercados ordinarios.

Expertos universitarios e representantes das empresas do sector darán conta de actuacións singulares realizadas en diferentes universidades e abordarán cuestións específicas como a adquisición de subministro enerxéticos ou novos produtos que buscan a redución do consumo de enerxía na explotación deste consumo.

O encontro continúa a quenda iniciada en Oviedo en decembro de 2008, contando neste edición coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e o decanato da Facultade de Física da USC. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a Fernando Blanco, membro do comité organizador (fernando.blanco.silva [at] usc.es (fernando[dot]blanco[dot]silva[at]usc[dot]es)).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2012.