Pasar al contenido principal

A USC conta en Lugo cunha nova parcela para destinar a instalacións da Aula de Produtos Lácteos

A USC conta en Lugo cunha nova parcela para destinar a instalacións da Aula de Produtos Lácteos
A USC conta en Lugo cunha nova parcela para destinar a instalacións da Aula de Produtos Lácteos

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, e o alcalde do Concello de Lugo, José Clemente López Orozco, asinaron este venres no Concello lugués un acordo de mutación demanial dunha parcela para a ampliación do Centro Tecnolóxico Agroalimentario (CETAL), concretamente para a construción e posterior equipamento científico-tecnolóxico das novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos. O terreo referido, de máis de 4.000 metros cadrados, sitúase na parcela contigua á que ocupan as novas instalacións do CETAL.

No acto de sinatura o alcalde referiuse ao "bo facer" da USC no eido da innovación no Campus de Lugo, indicando que as patentes e toda a investigación ten orixe na "nosa Universidade". "Temos unha cidade romana e unha cidade universitaria na que se fai algo moi importante para o futuro como é a transferencia do coñecemento humano", dixo, e concluiu "coa Universidade polo medio temos garantía de que as cousas se fan e se fan ben".

Pola súa banda, Juan Casares agradeceu a aposta que fixo o alcalde pola Universidade e aseverou que "traballar pola ciencia é traballar para o futuro" e destacou a importancia do CETAL onde tras esta ampliación vaise asentar os laboratorios da Aula de Produtos Lácteos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.01.2012.